"UEO" (Contén)

Amosando 10 resultados de 40.

    1. Relativo ou pertencente á lingua abkhazo-adigueo.

    2. Grupo occidental das linguas caucásicas setentrionais. Comprende o adigueo, o kabardino e o cherkés, que poden agruparse baixo o antigo nome de circasiano; o abkhazo e o ubikh. Caracterízanse pola pobreza do sistema vocálico, dous ou tres fonemas, compensada pola riqueza do consonantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Adiguesia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Adiguesia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo adigueo.

      2. Individuo do pobo adigueo.

      3. Pobo que habita na oblast’ autónoma de Adiguesia. OBS: Tamén se denomina circasiano occidental.

    1. Lingua caucásica falada polos adigueos de Adiguesia, Rusia e Turquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Acaia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Acaia.

    3. Pobos que desenvolveron a civilización micénica.

    4. Lingua dórica de Acaia que substituíu ao aqueo antigo despois das invasións dóricas.

    5. Grupo de dialectos gregos dóricos da época micénica.

    6. Termo que designaba os gregos da chamada Idade Heroica, nos poemas homéricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de arquearse algún obxecto ou de dar forma de arco a algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de medir un navío.

      2. olume ou capacidade dun navío que expresa a capacidade de aproveitamento comercial.

      3. Documento en posesión do capitán do navío e entregado polas autoridades marítimas no que constan as principais características do barco.

    1. Inventario dos cartos e os valores que existen na caixa dunha empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘primitivo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade interdisciplinaria que estuda os coñecementos astronómicos da Antigüidade. Intenta desenvolver interpretacións e explicacións de estruturas arqueolóxicas, supostamente baseadas no astronómico e avaliar os coñecementos e os métodos orientados á astronomía das culturas do pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou perterncente ás arqueobacterias.

    2. Individuo do grupo das arqueobacterias.

    3. Conxunto de bacterias que se diferencia bioquimicamente dos demais grupos de bacterias e que se asemellan morfoloxicamente a outros procariotas. O seu ARN ribosómico ten una secuencia moi diferente tanto dos procariotas coma dos eucariotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudos e técnicas de análise e identificación de restos orgánicos vexetais recuperados en xacementos arqueolóxicos. O principal obxectivo da arqueobotánica é a reconstrución do medio natural no que se inserían os restos contidos no rexistro arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Investigación arqueolóxica que inclúe de maneira significativa ferramentas informáticas na súa metodoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO