"Fant" (Contén)

Amosando 10 resultados de 40.

    1. Que obstaculiza o paso do aire e dificulta a respiración.

    2. Que desprende un mal cheiro.

    3. Que importuna e chega a causar enfado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase, na terminoloxía de Aristóteles, aos enunciados verbais que poden ter sentido verdadeiro ou falso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que respira con dificultade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á escultura en que as partes visibles do corpo están feitas en marfil e as roupaxes en ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á ecuación alxébrica que ten unha ou máis incógnitas e os coeficientes son números enteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero, da familia dos elefántidos, de ata 4 m de altura, que constitúe o maior animal terrestre do Cuaternario. Ten cabeza grande, pescozo curto, orellas grandes, ollos proporcionalmente pequenos e extremidades grosas. A característica máis importante é a trompa, que cumpre as funcións respiratorias, sensitivas, de absorción e de prensión. Na boca, ademais dos molares, destaca o cabeiro, que se sitúa na mandíbula superior e que lles serve como arma e instrumento para alimentarse.

      2. Elefante, da familia dos elefántidos, de fronte abombada, lombo arqueado, orellas pequenas en comparación coa cabeza e cabeiros só no macho. Tamén se caracterizan por presentar no extremo da trompa unha soa dixitación.

      3. Elefante, da familia dos elefántidos, de ata 2,5 m de altura, con mandíbula longa e estreita e orellas redondeadas. Os cabeiros, presentes nos dous sexos, son máis rectos e longos ca os do elefante de sabana e o marfil ten unha lixeira coloración rosa.

      4. Elefante, da familia dos elefántidos, de ata 4 m de altura, con mandíbula pequena e ancha e orellas apuntadas.

    1. Mamífero carnívoro mariño pertencente ao xénero Mirounga, da familia dos fócidos, de corpo de cor cinsenta hidrodinámico e extremidades en forma de aleta, sen orellas. Presentan unha grosa capa de graxa, aliméntanse de peixes e cefalópodos e os seus principais depredadores son as grandes quenllas e as candorcas. Para reproducirse instálanse na costa.

    2. Caderna máis grosa do casco dunha embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade que se caracteriza por un engrosamento da pel e dos tecidos subcutáneos, que presentan unha consistencia dura e espesa. Pode ser adquirida por mor da infección por parasitos como as filarias, especialmente Wuchereria brancrofti.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á elefantíase.

    2. Que padece elefantíase. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos elefántidos.

    2. Mamífero da familia dos elefántidos.

    3. Familia, da orde dos proboscídeos, á que pertencen os elefantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao elefante.

    VER O DETALLE DO TERMO