"Cuadro" (Contén)

Amosando 3 resultados de 3.

  • Signo da notación musical (à) que, diante dunha nota, anula a modificación de altura de calquera outra alteración precedente deixándoa no seu estado natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento de madeira, metal ou plástico, en forma de triángulo rectángulo isóscele ou constituído por dúas regras perpendiculares formando un L ou un T, que se emprega para trazar ángulos rectos, liñas paralelas e outras figuras xeométricas.

    2. Peza de metal ou madeira composta por dúas regras en ángulo recto que serve para afianzar e asegurar as ensamblaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de xente armada e ordenada para participar nun combate ás ordes dun capitán.

    2. Unidade táctica e administrativa da cabalaría que apareceu nos distintos exércitos durante o s XVI.

    3. Unidade de combate da infantaría española de formación compacta, constituída no s XVI e formada por uns 6.000 piqueiros.

    4. Unidade de tropas mecanizadas que inclúe, entre outros, os carros de combate.

    5. Unidade táctica fundamental das forzas aéreas dotada dun número de avións variable e que posúe capacidade administrativa e operativa.

    VER O DETALLE DO TERMO