"Conxuga" (Contén)

Amosando 10 resultados de 11.

  • Aplícase á folla composta que ten o pecíolo bifurcado en dous segmentos que levan, cada un deles, dous folíolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode conxugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conxugar ou conxugarse.

    2. Ordenación dun sistema de paradigmas en que se expresan todos os morfemas gramaticais do verbo: a voz, o tempo, o aspecto, o modo, o número e a persoa.

      1. Unión dos gametos, especialmente na isogamia.

      2. Proceso particular de reprodución sexual dos cilióforos, onde intercambian material cromatínico con modificacións nucleares que conducen a unha división binaria.

      3. Tipo de reprodución sexual que se produce nalgunhas algas e que consiste na unión de dous acinetos.

      4. Mecanismo de intercambio xénico, propio das bacterias, que consiste no establecemento de pontes citoplasmáticas a través do pelo sexual pola que se transmiten plásmidos dunha célula a outra; nalgúns casos, estes plásmidos levan unidos fragmentos do cromosoma da célula doadora.

    3. Operación que fai corresponder a toda partícula fundamental a súa antipartícula e, por extensión, o operador que realiza esta acción.

    4. Utilización de fenómenos de óptica non lineal para inverter unha onda luminosa de xeito que a onda de retorno percorra exactamente a traxectoria da onda incidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. conxugar.

    2. Aplícase a dúas magnitudes enlazadas mediante algunha lei ou relación determinada.

    3. Aplícase ao punto imaxe dun sistema óptico, respecto ao correspondente punto obxecto, e viceversa.

    4. Aplícase á antipartícula con respecto á súa correspondente partícula, e viceversa.

    5. Aplícase a cada un dos dous ou máis enlaces dobres dunha cadea, separados entre eles por un só enlace simple.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos cónxuxes e ao matrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unir ou combinar conxuntamente e de xeito harmónico varias cousas.

    2. Unir sucesivamente ao radical dun verbo os morfemas que serven para expresar os cambios de voz, modo, tempo, número e persoa.

    3. Combinarse ou coordinarse varias cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está fóra dos dereitos e deberes matrimoniais ou que ocorre fóra do matrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de resonancia que consiste no desprazamento dos electróns dun enlace σ (C - H) cara a un centro insaturado contiguo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • inconxugable.

    VER O DETALLE DO TERMO