"Cao" (Contén)

Amosando 10 resultados de 11.

    1. Árbore, da familia das esterculiáceas, con follas alternas e lanceoladas, tronco liso con cortiza de cor canela sobre o que aparecen directamente as flores en acios, de cor vermella e amarela, e inodoras, e froito en cápsula, denominado mazaroca.

      1. Semente ou gran do cacao, constituínte básico do chocolate.

      2. Cacao sometido a un proceso de moído, procedente do prensado no que se extrae a manteiga.

      3. Cacao en po, enriquecido con varias substancias edulcorantes e aromatizantes, que se disolve facilmente.

      4. Preparado comercial de consistencia pastosa ideado para untar e constituído fundamentalmente por azucre e graxas, aromatizado con cacao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore dos xéneros Swietenia e Khaya da familia das meliáceas, que presenta tronco e froitos en cápsula leñosa e unha madeira moi aprezada en ebanistaría.

    2. Nome comercial da madeira do lauan.

    3. Nome comercial da madeira do Eucalyptus diversicolor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión sincretista fundada por Phu Ngo-van-Chien en Vietnam (1919-1925) que se organizou tamén como comunidade económica e militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa arxilosa onde a caolinita ou os seus polimorfos, dickita e nacrita, constitúen máis do 80% do total da súa composición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao caolín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filosilicato de aluminio que cristaliza no sistema monoclínico, xeralmente en masas compactas, fariñentas ou que se poden esmigallar facilmente e, máis raramente, en pequenas escamas hexagonais ou rómbicas. Emprégase na fabricación de louzas e porcelanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto dos procesos posvolcánicos, pneumatolíticos e hidrotermais que transforman en caolinita as rochas que conteñen alumina.

    2. Tipo de meteorización dos feldespatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de confusión dos elementos anteriores á organización do mundo, contrario ao cosmos ou mundo delimitado e ordenado.

    2. Confusión e desorde completa en calquera cousa ou situación.

    3. Amoreamento confuso de bloques de rochas que aparece xeralmente ao pé das vertentes abruptas.

    4. Explicación de certos fenómenos físicos que dá lugar a dous aspectos teoricamente contraditorios: a imprevisión dos fenómenos caóticos e o determinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao caos.

    2. Que está completamente desordenado e confuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero carnívoro, da familia dos cánidos, que habita en grupos duns 30 individuos e ten un aspecto semellante ao da hiena. É un bo corredor e ataca en grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO