"BS" (Contén)

Amosando 10 resultados de 177.

  • Que acostuma e lle gusta obsequiar aos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de observable.

    2. Propiedade dunha variable de estado que fai que o seu valor nun instante determinado poida ser estimado a partir das oportunas medidas de saída nun sistema de control.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode ser observado.

    2. Aplícase á magnitude física dun sistema cuántico que pode ser medida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de observar.

    2. Comentario ou indicación que se fai sobre algo ou alguén.

    3. Método científico que se diferencia da experimentación en que non hai intervención do suxeito cognosciente para modificar as condicións do fenómeno.

    4. Medida efectuada polo piloto dunha embarcación, que permite a determinación da posición e do rumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que observa. Tm s, referido a persoa.

      1. Persoa que asiste a unha asemblea ou unha reunión sen dereito a intervir nos debates, senón unicamente para presenciar o seu desenvolvemento e para dar conta a quen o comisionou.

      2. Persoa encargada de observar unha situación económica, política ou social.

      1. Militar que ten por misión observar os obxectivos e as posicións do inimigo e corrixir o tiro das armas propias.

      2. Militar agregado a unha unidade distinta da súa ou a un exército estranxeiro para recoller información sobre as súas actividades.

    2. Subsistema que efectúa a observación ou estimación das variables de estado dun sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cumprimento exacto do que prescribe unha lei, unha regra ou unha relixión.

    2. Observancia máis estrita da regra que, en certas ordes relixiosas como os beneditinos ou os carmelitas, é consecuencia dunha reforma, en contraposición a ulteriores evolucións ou desviacións dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é fiel á práctica dunha relixión ou dunha regra.Tm s, referido a persoa.

    2. Membro da rama franciscana caracterizada por unha observancia máis estrita da regra con respecto á pobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mirar unha cousa con atención continuada.

    2. Tomar consciencia de algo.

    3. Practicar ou cumprir o que manda unha lei, un precepto, unha regra ou un costume.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar axeitado para facer observacións.

      2. Lugar desde o que se observan os astros, se determinan os movementos e se estudan as súas propiedades.

      3. estación meteorolóxica.

    1. Lugar apto para a observación a distancia dun sector, que posúe material óptico e topográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO