"AND" (Contén)

Amosando 10 resultados de 607.

    1. Relativo ou pertencente á andesita.

    2. Liña circumpacífica imaxinaria que delimita unha zona interna de vulcanismo basáltico e unha zona externa en que os volcáns expulsan magmas de composición andesítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos andhras ou á súa lingua.

    2. Individuo pertencente á tribo dos andhra.

    3. Pobo preario establecido na rexión situada entre os ríos Kistna e Godavari, aproximadamente desde 400 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza ándida.

    2. Individuo da raza ándida.

    3. Designación racial proposta por E. von Eickstedt (1934) para a raza surpacífica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Andes, á rexión dos Andes ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante dos Andes ou da rexión dos Andes.

    3. Área cultural de América do Sur que se estende, aproximadamente, entre os 2° latitude N e os 30° latitude S, na rexión dos Andes.

    4. Rexión bioxeográfica neotropical que comprende os pisos superiores dos Andes, desde o centro de Chile e Arxentina ata Colombia e Ecuador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo dos xéneros Boletus, Leccinum, Gyroporus, Suillus ou Xerocomus, que pertence á orde dos boletais. É un cogomelo carnoso, de cor castaña e co himenio formado por tubos rematados en poros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos hirundínidos que pertencen aos xéneros Delichon, Hirundo, Ptyonoprogne e Riparia. Caracterízanse por ter ás estreitas, patas e peteiro curtos e cola gallada. Aliméntanse durante o voo de insectos e arácnidos. Son, na súa maioría, aves gregarias migratorias de orixe africana.

    2. Ave da familia dos hirundínidos, coa parte superior negra azulada metálica; a inferior é branca, agás un colar negro, e a testa e a gorxa son rubias. Ten as patas e o peteiro negros, e a cola longa e negra, con pequenas pintas brancas, e as rectrices externas son moi longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de chumbo, plata e antimonio, que cristaliza no sistema rómbico e os cristais son columnares curtos, de cor gris de aceiro escuro e brillo metálico, e de fractura concoidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Andorra ou a Andorra la Vella, ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Andorra ou de Andorra la Vella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa de pouco xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de calcio e ferro, do grupo dos granates. Cristaliza no sistema cúbico, formando cristais informes e granulares; de cor parda, tamén pode ser verde, incolora ou negra.

    VER O DETALLE DO TERMO