"RC" (Contén)

Amosando 10 resultados de 848.

  • Embutido feito coa tripa grosa do porco, que se enche cunha mestura de sangue do animal, azucre, fariña e outros ingredientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos multituberculados.

    2. Mamífero fósil da orde dos multituberculados.

    3. Orde de mamíferos fósiles, da subclase dos aloterios, que se caracterizaban por posuír grandes incisivos e un diastema que lles ocupaba o lugar dos cabeiros. Viviron do Triásico Superior ata o Eoceno Inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de murchar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perder o brillo e frescura os cereais, as plantas bulbosas ou as hortalizas.

    2. Facer perder a alguén o bo aspecto físico debilitando as súas forzas e o ánimo.

    3. Perder unha persoa o bo aspecto físico, a enerxía ou o ánimo.

    4. Perder a turxencia unha planta ou os seus tecidos por falta de auga ou por causas fisiolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que perdeu a súa frescura.

    2. Que perdeu a enerxía, o ánimo ou o vigor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Murcia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Murcia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero voador, da orde dos quirópteros, que presenta as ás e a cola recubertas pola pel. Presenta hábitos nocturnos e aliméntase de insectos ou froita e oriéntase mediante un sistema de resonancia. Pertence á familia dos rinolófidos, dos vespertiliónidos e dos molósidos.

    2. Quiróptero, da familia dos vespertiliónidos, que presenta tamaño medio, fociño e orellas anchas e curtas. Vive en zonas boscosas e de montaña.

    3. Morcego, da familia dos rinolófidos, do xénero Rhinolophus, que se caracteriza por posuír un nariz con excrecencias cutáneas a través do que emiten, coa boca pechada, os sons de ecolocación. OBS: Tamén se denomina rinolofo.

    4. Morcego, da familia dos vespertiliónidos, que presentan orellas curtas e anchas e pelame escuro. Viven na montaña repousando en ocos de árbores e nichos rochosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten frescura e está falto de viveza.

    2. Aplícase ao fungo que se cría na materia orgánica en descomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide que se localiza no opio e que se emprega como narcótico e analxésico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Satisfacción dun mesmo, compracencia excesiva na propia valía ou nas propias obras.

    2. Amor dirixido cara ao propio eu ou o ideal do eu.

    VER O DETALLE DO TERMO