"tío" (Contén)

Amosando 10 resultados de 215.

    1. Relativo ou pertencente aos catións.

    2. Deterxente a base dun tensioactivo catiónico que ten unha forte acción antiséptica.

    3. Composto tensioactivo que, ten a maior parte da actividade superficial da molécula no catión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tautomaría na que as estruturas se diferencian pola posición dun átomo ou dun grupo de átomos que son capaces de dar un catión estable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cetiosáuridos.

    2. Dinosauro da familia dos cetiosáuridos.

    3. Familia de dinosauros, da infraorde dos saurópodos, de vértebras parcialmente ocas e cadeira unida á columna vertebral por catro vértebras sacras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflorescencia propia das euforbias, constituída por unha flor feminina central longamente pedunculada, cinco flores masculinas reducidas a un só estame e un invólucro ciatiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coñecemento do obxecto, fronte á aestimatio ou xuízo da súa esencia, na preceptiva aristotélica, que se perfila como un dos obxectivos das artes teóricas, orientado cara á contemplación dunha realidade determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura derivada da antítese, que consiste na convivencia de elementos contrarios dentro dun mesmo suxeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase da edición crítica que consiste en determinar a filiación das distintas versións que se conservan dun texto orixinal antigo, clásico ou medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de queimar algunha cousa ou proceso polo que arde.

      1. Reacción de oxidación que vai acompañada dun desprendemento de luz e calor, con chama (combustión viva) ou sen ela (combustión lenta).

      2. Relación entre o volume de CO e o de CO 2 nos fumes produto da combustión, que indica ata que grao se aparta da combustión completa.

    2. Tempo do ciclo dun motor de combustión interna no que se produce a combustión do carburante que está, mesturado con aire, na cámara de combustión.

    3. Número de quilocalorías que se producen ao combinarse un elemento combustible co osíxeno para formar un composto osixenado. OBS: Tamén se denomina entalpía de combustión.

    4. autocombustión.

    5. Sistema industrial empregado para quentar ou concentrar grandes masas de líquidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura de pensamento que consiste en proclamar a ameaza de grandes males próximos.

    VER O DETALLE DO TERMO