"ptero" (Contén)

Amosando 10 resultados de 59.

    1. Relativo ou pertencente aos plecópteros.

    2. Insecto da orde dos plecópteros.

    3. Orde de artrópodos, da clase dos insectos, que inclúe especies de pequeno tamaño, con tegumentos brandos e alados na etapa adulta. Son fitófagos e encóntranse entre as pedras dos ríos, nas herbas ou debaixo de cortizas, sempre preto da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barco de guerra que está preparado para o transporte, a saída e a aterraxe de helicópteros, ademais do transporte de tropas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe do xénero Protopterus, da familia dos lapidosirénidos, da orde dos dipnoos, que posúe pulmóns e branquias reducidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao templo que ten unha ringleira de semicolumnas próximas ás paredes laterais e á posterior dunha cela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos psocópteros.

    2. Artrópodo da orde dos psocópteros.

    3. Orde de artrópodos, da clase dos insectos, que comprende individuos que presentan antenas longas e a cabeza unida ao tórax mediante un pedúnculo delgado. A maioría habitan nas follas das árbores ou entre as follas dos libros vellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega, que se emprega na formación de palabras co significado de ‘á’. OBS: Tamén se emprega como sufixo coa forma -ptero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pterobranquios.

    2. Hemicordado da clase dos pterobranquios.

    3. Clase de hemicordados, de dimensións reducidas, que son mariños, sedentarios, filtradores e coloniais ou pseudocoloniais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pteroclídidos.

    2. Ave da familia dos pteroclídidos.

    3. Familia de aves da orde dos ciconiformes, que teñen a parte anterior dos tarsos cuberta de plumas; son gregarios, nidífugos e non se pousan nas árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arcosauro do xénero Pterodactylus, da familia dos pterosauros, con ás de ata 3 m e mandíbulas con dentes só no extremo, que viviu no Xurásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pterofóridos.

    2. Insecto da familia dos pterofóridos.

    3. Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, coas ás partidas en dous, tres ou catro lóbulos estirados, que semellan plumas, e que en repouso teñen a aparencia dun T.

    VER O DETALLE DO TERMO