"Hel" (Contén)

Amosando 10 resultados de 142.

  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘Sol’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á última posta dun astro antes da súa conxunción co Sol, ou da primeira saída despois desta.

    2. Aplícase a todas as postas da época na que un astro se achega ou se afasta á súa conxunción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea do xénero Helianthemum, da familia das cristáceas, que presenta follas pequenas opostas, flores pentámeras en acio de cor amarela e froitos que son casulotrivalvos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia colorante que se presenta en forma de cristais alaranxados. OBS: Tamén se denomina laranxa de metilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea anual, do xénero Helianthum, da familia das asteráceas, que presenta follas simples e opostas e capítulos ligulados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano mecánico constituído por unha ou máis pas de formas diversas, fixadas radialmente a un eixe motor, e que está destinado a converter, en interacción cun fluído, a forza mecánica de rotación en forza de translación no sentido do seu eixe.

    2. Dobramento semicircular que limita o pavillón da orella por adiante, por arriba e por detrás.

    3. oluta do capitel corintio.

    4. Modelo que trata de explicar a disposición espacial dunha molécula de ácido desoxirribonucleico segundo o que a molécula de DNA se dispón nunha hélice de dúas febras con xiro á dereita, que se forman pola unión covalente de miles de desoxirribonucleótidos, e que se dispoñen de forma antiparalela e se unen por pontes de hidróxeno que se establecen de xeito específico entre as bases.

    5. α

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos helícidos.

    2. Molusco da familia dos helícidos.

    3. Familia de moluscos gasterópodos da orde dos archeogastrópodos, que presentan unha cuncha helicoide, a cabeza con catro tentáculos cilíndricos e un pé alongado e oval. Habitan en lugares húmidos, ricos en vexetación, e son prexudiciais para os cultivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos órganos ou organismos que teñen a forma dunha cuncha de caracol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos helicínidos.

    2. Molusco da familia dos helicínidos.

    3. Familia de gasterópodos aspidobranquios que engloba especies exclusivamente terrestres que habitan en solos húmidos e ricos en vexetación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torsión que se produce sobre algúns órganos vexetais como os talos, peciolos ou gabiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO