"Adá" (Contén)

Amosando 10 resultados de 1068.

    1. Relativo ou pertencente aos adapiformes.

    2. Primate que pertence ao grupo dos adapiformes.

    3. Grupo de primates, antepasado dos lémures, que prosperou principalmente no Eoceno e o Oligoceno inicial en Norteamérica e Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de adaptable.

    2. Aptitude dos seres vivos para se axustaren ás variables do medio natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode adaptar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de adaptar ou adaptarse.

    2. Proceso social e cultural que facilita o axeitamento dos individuos, grupos humanos ou colectividades sociais ao medio físico e social no que se desenvolven.

    3. Conxunto de modificacións hereditarias que lle permiten a un organismo ou unha especie adecuarse ao medio.

    4. Transformación dun texto literario noutro xénero ou medio expresivo.

    5. Arranxo dunha obra con vista a executala con elementos distintos dos orixinais.

    6. Conxunto de reaccións non específicas do organismo fronte a unha agresión calquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que adapta ou que permite adaptar. Tm s, referido a aparato. 

    2. Aparato que permite conectar diferentes elementos electrónicos á rede eléctrica xeral, adaptando a súa voltaxe.

    3. Peza que, axeitada a un aparello, permite a intercambiabilidade de certos elementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer algunha cousa apta para un fin ou novo uso, de xeito que se axuste ou acomode ás necesidades ou circunstancias.

    2. Acomodarse a algunha circunstancia, situación ou contorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida da capacidade de adaptación da retina ás variacións da intensidade luminosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mes do calendario xudeu, doce do ano civil e sexto do relixioso, que corresponde a un período entre os meses de febreiro e marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo escudo protector de pel.

    VER O DETALLE DO TERMO