"ectro" (Contén)
Amosando 10 resultados de 167.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento mediante descargas eléctricas que provoca no paciente crises convulsivas epileptiformes. Caeu en desuso polos seus efectos comatosos e convulsivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da electricidade que estuda o comportamento das cargas eléctricas en movemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á electrocinética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de electroterapia que emprega a calor dun electrodo puntiforme polo que se fai pasar unha corrente de alta frecuencia para a destrución de tecidos anormais, para deter hemorraxias e como anestésico local.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que consiste en dar forma a pezas metálicas mediante a aplicación de corrente eléctrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica analítica de separación baseada na electroforese que se efectúa nun medio estabilizador. É unha técnica moi empregada en análise clínica e en bioquímica. A aplicación máis importante é a separación de proteínas e outras moléculas contidas nos diversos fluídos corporais.
-
-
Morte causada por unha descarga eléctrica.
-
Forma de execución da pena de morte que consiste na aplicación dunha descarga eléctrica de voltaxe media ao condenado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento especial de cultivo que utiliza a enerxía eléctrica para activar a xerminación e o crecemento dos vexetais, e que só se aplica en procesos de laboratorio e experimentación.
-
-
Causar a morte dunha persoa ou animal.
-
Morrer por unha descarga eléctrica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de obtención por electrólise dunha capa fina de metal sobre outro metal.