"Rod" (Contén)

Amosando 10 resultados de 211.

    1. Relativo ou pertencente ás rodimeniais.

    2. Alga da orde das rodimeniais.

    3. Orde de rodofíceas, integrada por algas mariñas de talo laminar que ademais de reprodución sexual por carpogamia, presentan reprodución asexual mediante tetrásporos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico de número atómico 45 e peso atómico 102,9055, que pertence ao grupo VIII B da táboa periódica. É un dos metais da segunda serie de transición, un elemento raro, que aparece na natureza en forma nativa asociado cos depósitos de platino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe natural de ouro e rodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio formado por un mango acabado nunha táboa perpendicular en forma de semicírculo que se emprega para xuntar materiais.

    2. Apeiro de labranza que está composto por unha pa larga, curta e recta que se usa para cavar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bordo inferior dunha peza de roupa, dobrado e cosido para que non se esfiañe nin se vexa o seu extremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘rosa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de manganeso, exfoliable e fráxil, que cristaliza no sistema romboédrico, en cristais pequenos, de cor rosada e cun brillo vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto, da familia das ericáceas, que presenta follas resistentes, alternas, oblongas e coriáceas, flores vermellas agrupadas en acios, e froito capsular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rodofíceas.

    2. Alga da clase das rodofíceas.

    3. Clase de algas pluricelulares, da división das rodófitas, que presenta talo filamentoso ou laminar, de estrutura complexa e de cor avermellada, plastos vermellos que conteñen clorofila, carotenos, ficoeritrina e ficocianina, e paredes celulares recubertas de mucilaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rodófitas.

    2. Alga da división das rodófitas.

    3. División de algas que comprende unicamente a clase das rodofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO