"sin" (Contén)

Amosando 10 resultados de 419.

    1. Acción e efecto de ensinar.

    2. Profesión que consiste en ensinar.

    3. Conxunto de materias que se ensinan.

      1. Sistema e método de educar e instruír.

      2. Ensino que non é obrigatorio e abrangue dous ciclos: o primeiro, desde o nacemento ata os 3 anos, e o segundo, desde os 3 aos 6 anos.

      3. Ensino que ten carácter obrigatorio e abrangue desde os 6 ata os 12 anos. Configúrase en tres ciclos de dous cursos cada un.

      4. Ensino que abrangue o Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) e mais o Ensino Secundario non Obrigatorio (ESNO). A ESO completa o ensino primario e abrangue catro cursos académicos (dos 12 aos 16 anos). Ao rematar a ESO (16 anos) conclúese o período de estudos básicos e obrigatorios e pódese acceder ao ESNO. Este inclúe dous cursos académicos (dos 16 aos 18 anos) de bacharelato ou de formación profesional específica de grao medio.

      5. Ensino que abrangue o ensino universitario/educación universitaria e outras institucións que outorgan cualificacións profesionais. Os estudos universitarios poden ser de primeiro, segundo e terceiro ciclo, que conducen respectivamente á diplomatura, licenciatura e doutoramento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante acídico, do grupo do trifenilmetano que se emprega para tinguir de cor rosa o algodón, a la e a seda, e tamén en preparacións histolóxicas. OBS: Tamén se denomina eosina I ou eosina azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza no sangue dun exceso de leucocitos eosinófilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á eosinofilia.

    2. Conxunto de procesos morbosos, causados pola acumulación excesiva de eosinófilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha grande afinidade pola eosina.

    2. ariedade de leucocito polinuclear que presenta granulacións citoplasmáticas grosas, que se tinguen con colorantes ácidos como a eosina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deficiencia anormal de leucocitos eosinófilos no sangue periférico, que se produce cando a súa concentración é inferior a 35 por mm 3 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal disódico da 2’,4’,5’,7’-tetraiodofluoresceína que se emprega como colorante en histoloxía, en alimentación e en cosmética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina, serosa, que é un aminodialcohol insaturado. A acilación do seu grupo -NH 2 con ácidos graxos de cadea longa orixina a ceramida. É un dos constituíntes dos compoñentes das membranas biolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Albumina que contén certas sementes, codias ou outros tecidos vexetais, e que se caracteriza polo feito de producir a aglutinación dos eritrocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO