"sauri" (Contén)

Amosando 4 resultados de 14.

    1. Relativo ou pertencente aos poliosáuridos.

    2. Réptil da familia dos poliosáuridos.

    3. Familia de réptiles fósiles, que viviron durante o Permiano, que presentaban un cranio baixo, aplanado e un fociño aguzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos saurios.

    2. Réptil da suborde dos saurios.

    3. Suborde de réptiles, da orde dos escamosos, que presentan o corpo alongado, cuberto con escamas córneas ou óseas, cintura escapular e pelviana e dous pares de patas pentadáctilas, que poden faltar ou estar atrofiadas. Son animais terrestres que habitan en zonas cálidas e que presentan hibernación na estación desfavorable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos saurisquios.

    2. Réptil fósil da orde dos saurisquios.

    3. Orde de réptiles, do grupo dos dinosauros, coa pelve trirradiada, na que estaban representados os carnívoros máis grandes que viviron sobre a Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade xenética que se caracteriza pola acumulación excesiva de substancias metabólicas debido a un bloqueo da vía de degradación.

    VER O DETALLE DO TERMO