Relativo ou pertencente a Rutenia ou aos seus habitantes.
Natural ou habitante de Rutenia.
Relativo ou pertencente ao pobo ruteno.
Individuo do pobo ruteno.
Pobo ruso residente na banda occidental da liña Dvina-Dniéper, que formaba parte do estado polaco-lituano.
Lingua eslava que se fala en Eslovaquia, Ucraína e Serbia.
Aplícase aos cristiáns de rito bizantino que pertencen á Igrexa rutena unida a Roma.
Igrexa uniata de rito bizantino xurdida en Polonia, Galitsia, Checoslovaquia, Hungría e Bohemia, con comunidades emigradas a Europa occidental, EE UU, Canadá, Brasil e Arxentina.