"Prat" (Contén)

Amosando 5 resultados de 15.

  • Que nace ou medra nos prados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da agricultura dedicada ao cultivo, ao estudo e á mellora dos prados e dos pastos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico de transición, que pertence ao grupo VIII B da táboa periódica, que presenta número atómico 78 e peso atómico 195,078. É un metal dúctil de cor branca prateada, que se atopa principalmente na natureza en forma nativa, e forma aliaxes con todos os elementos dos grupos VIII B e I B e emprégase como catalizador nunha gran variedade de procesos e en aparatos de precisión, especialmente os que traballan a temperaturas elevadas.

    2. Masa de platino de cor gris próximo ao negro, porosa e cunha gran superficie específica, que se emprega como catalizador e para provocar a ignición do hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente de diversos materiais, alzado todo ao redor formando unha concavidade de pouca altura e de fondo plano, que se emprega para servir a comida.

    2. Cada un dos dous recipientes da balanza, en que se colocan por un lado os pesos e por outro o obxecto que se quere pesar.

    3. Obxecto que pola súa forma plana e redonda se asemella a un prato de comida.

    4. Cantidade de alimento que cabe nun prato.

    5. Cada unha das comidas que compoñen un menú.

    6. Comida que se obtén ao mesturar, condimentar e cociñar os alimentos.

    7. Instrumento de percusión formado por dúas pezas de metal de forma circular, que se toca batendo un contra o outro.

    8. Nome dado a diversas pezas máis ou menos planas e de contorno circular que adoitan formar parte dalgún tipo de maquinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO