termo

termo

lat termĭnu

Plural: termos
  1. s m

    Momento final en que algo remata.

  2. s m

    Período de tempo determinado para a realización dalgunha cousa.

  3. s m [DER/ADM ]

    Porción dun territorio limitada por propiedade ou xurisdición, especialmente territorio que forma a xurisdición dun concello.

    1. s

      Elementos dun todo co que gardan relación.

    2. s [MAT ]

      Elemento que aparece nunha expresión matemática.

    3. termo independente [MAT ]

      Termo que, nun polinomio ou nunha ecuación, non afecta a ningunha incógnita.

  4. s m

    ocábulo propio dunha ciencia ou disciplina determinada.

  5. s m

    Lugar que unha cousa ocupa nunha enumeración, segundo o nivel de importancia ou a consideración que se lle atribúa.

  6. s m pl

    Condicións ou circunstancias en que se establece un acordo.

  7. s m pl

    Modo de expresar ou abordar un tema.

Confrontacións

vocábulo

Frases feitas

  • Levar a termo (algo). Finalizar algo.