"MIT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2230.

  • Forma sufixada nominal que se emprega na formación de palabras co significado de ‘digno de’, ‘posibilidade de practicar ou sufrir unha acción’. OBS: Tamén se admite a forma -bel (pl -beis).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe grega que se utiliza na formación de palabras co significado de ‘vomitar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Teorema segundo o que para un número ε pequeno, a probabilidade P de que a diferenza entre a frecuencia f do suceso favorable nunha serie de probas e a probabilidade p de que este feito sexa, en valor absoluto, superior a ε tende a cero ao aumentar indefinidamente o número de probas. OBS: Tamén se denomina lei débil dos números grandes.

    2. Teorema que establece que se y(x) é unha función real continua no intervalo pechado

    3. Teorema segundo o que, dado un campo vectorial A, para toda rexión do espazo de volume V que se limita por unha superficie S, cúmprese sempre que:


      FORMULA

                                                      
                                         ?? s A.dS = ??? v divA dV

      O primeiro termo da ecuación é o fluxo de A a través de S.

    4. Teorema que se basea no teorema da calor que constitúe o terceiro principio da termodinámica: ao cero absoluto de temperatura, a entropía dun corpo cristalino perfecto é nula.

    5. Teorema segundo o que os tres puntos de intersección dos lados opostos dun hexágono inscrito nunha cónica determinan unha recta denominada recta de Pascal.

    6. Teorema fundamental da xeometría segundo o que nun triángulo rectángulo a área do cadrado que ten por lado a hipotenusa é igual á suma das áreas dos cadrados que teñen por lado os catetos.

    7. Teorema segundo o que se f é unha función continua en todos os puntos dun intervalo pechado

    8. Teorema que establece que se tres rectas r, r e r que se cortan en O son interceptadas polas rectas paralelas S, S nos puntos A, A e A en S, e nos puntos B, B e B en S), cúmprense as seguintes relacións:






                                       OA___           OA___          OA’’_____
                                    ______ = ______ = ______ ;
                                       AB___          A’B’____         A’’B’’_____

                                       OA___           OB___        
                                    ______ = ______ .
                                       AA       ___           BB’____

    9. Teorema segundo o que se f(x) é unha función dunha variable real e derivable n veces, vén dado pola fórmula:









                    f(x)=f(a)+f’(a)(x-a)+  1__ 2! f’’(a)(x-a)2+...

                             ... +  1__n! f (n) (a)(x-a) n +R n + 1 a(x)
      onde R n (x) se coñece como resto.

    10. Teorema que afirma que a orde dun subgrupo divide a orde do grupo ao que pertence.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato simple de cálculo que consiste nun taboleiro provisto de arames paralelos, con bólas perforadas que permite facer todas as operacións aritméticas básicas.

    2. Libro que ensinaba a ciencia matemática e a calcular.

    3. Peza prismática de volume cuadrangular en forma de táboa que, sobre o equino, coroa o capitel e serve de asentamento á arquitrabe, ao tempo que protexe a decoración do capitel.

    4. Instrumento de cálculo que facilita as operacións aritméticas ao substituír as multiplicacións e divisións por adicións e subtraccións, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transmitir a un corpo un movemento de vaivén sen modificar o seu lugar no espazo. Tm v pron.

    2. Axitar acompasadamente o berce dos nenos para acougalos ou durmilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abrir.

    2. Que sufriu abertura.

    3. Que permite o paso.

    4. Que non presenta obstáculos.

    5. Que está falto de protección ou defensa.

    6. Que se pode utilizar ou é de uso libre.

    7. Que se comunica co exterior.

    8. Que presenta unha fendedura.

      1. Que manifesta unha actitude comprensiva e receptiva fronte a situacións ou criterios diversos.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abrir ou abrirse.

    2. Separación entre dúas cousas próximas ou entre dúas partes dunha mesma cousa.

    3. Espazo baleiro ou desocupado, situado nunha parede ou construción, que dá paso a un lugar ou permite a entrada da luz.

    4. Treito articulatorio que se refire á distancia intermaxilar ou linguopalatal e que se emprega como característica relevante para cualificar os fonemas dunha lingua segundo o seu modo de articulación.

    5. Poro xerminativo dos grans de pole por onde xorde o tubo polínico.

    6. Magnitude que mide a dimensión dos feixes de luz que penetran nun instrumento óptico.

    7. Grao de diverxencia dos costados dun ángulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abellón.

    2. Instrumento que imita o zunido do abellón e que se emprega como xoguete infantil.

    3. Que molesta continuamente, tanto polo que di como polo que fai. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Abisinia, ou aos seus habitantes .

      2. Natural ou habitante de Abisinia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo abisinio. 

      2. Individuo do pobo abisinio.

      3. Pobo do NL de África que toma o nome de Abisinia e que conserva a lingua semita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escavación que se fai ao redor dunha árbore ou planta que permite reter a auga ou expoñer as raíces para que se aireen.

    VER O DETALLE DO TERMO