"ser"

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Existir ou ter realidade.

    2. Ter lugar ou acontecer algo.

    3. Serve de cópula entre o suxeito e o atributo, facendo recaer no primeiro a calidade ou circunstancia que indica o segundo.

    4. Proceder ou ter orixe.

    5. Estar feito do material que se refire.

    6. Formar parte dun grupo, en particular dunha familia, ou ter algún tipo de parentesco con alguén.

    7. Pertencer a unha determinada familia.

    8. Custar ou ter un prezo determinado.

    9. Marcar un reloxo ou un calendario a hora e a data.

    10. Indica, nas construcións adverbiais, sobre todo tempo ou lugar

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Todo o que ten existencia.

    2. Persoa ou individuo.

    3. Esencia ou natureza interior de algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO