antílope

antílope

lat tardío antilops gr tardío ἀ ν ϴ άλωψ

Plural: antílopes
  1. s m [ANIMAL ]

    Bóvido das subfamilias dos antilopinos, bovinos e caprinos, e algún artiodáctilo non bóvido, como o caso do antílope americano, que presenta as patas longas e delgadas, acabadas en dedos finos protexidos por pezuños. Teñen cornos persistentes, de tipo cavicórneo. Viven en rexións desérticas, estepas e sabanas, con frecuencia en grupos de varios individuos.

  2. antílope acuático [ANIMAL ]

    Antílope con cornos longos e separados. Ten unha mancha branca en forma de media lúa en cada coxa.

  3. antílope africano [ANIMAL ]

    Antílope de gran tamaño, cunha xiba dorsal, un gran papo e o rabo longo.

  4. antílope americano [ANIMAL ]

    Mamífero ruminante, única especie da familia dos antilocápridos.

  5. antílope anano [ANIMAL ]

    Antílope de distintos xéneros, propio de África, que se caracteriza pola súa pequena dimensión.