oficial

oficial

lat officiāle

Plural: oficiais
  1. adx

    Que provén dunha autoridade ou goberno e polo tanto ten a súa validez.

  2. adx

    Que non é particular e que pertence a unha autoridade ou goberno.

  3. s

    Persoa que exerce un oficio ou cargo, especialmente baixo as ordes ou en representación dun superior.

    1. s

      Militar con graduación de alférez a capitán xeneral.

    2. Titular de certas ordes cabaleirescas que ten un grao superior ao de simple cabaleiro.

  4. s [HIST ]

    Grao intermedio, na organización gremial, entre aprendiz e mestre.

Citas

  • O alcalde da túa vila chegou no seu coche oficial á cerimonia, Traballa nun centro oficial de ensino
  • O ministro fíxome unha carta oficial para que puidera entrar naquel museo sen pagar
  • O seu noivado xa é oficial, Os resultados do estudo aínda non son oficiais