lagarteiro -ra

lagarteiro -ra
Plural: lagarteiros Masculino: lagarteiro Masculino plural: lagarteiros Feminino: lagarteira Feminino plural: lagarteiras
  1. adx

    Que caza lagartos.

  2. adx

    Que obra con enxeño ou mesmo con malicia para sacar proveito de algo. Tm s.

  3. s m
    1. Ave rapaz de pequeno tamaño, da familia dos falcónidos, de plumaxe avermellada con manchas negras e co bico e as unllas negros e fortes. Presentan un forte dimorfismo sexual, sendo a femia de maior tamaño ca o macho e con distinta coloración.

    2. lagarteiro buxarelo [Falco naumanni]

      Ave rapaz, da familia das falcónidas, de pequeno tamaño. O macho ten o dorso castaño e a cabeza e o rabo gris. A femia parécese moito á do peneireiro.

    3. lagarteiro peneireiro [Falco tinnunculus]

      Ave rapaz, da familia das falcónidas, de pequeno tamaño. O macho diferénciase do buxarelo nas manchas do dorso. É unha das rapaces máis estendidas.

Palabras vecinas

lagareta lagarta lagarteira lagarteiro -ra lagarteiro -ra lagarto lago