garda

garda

gótico *wardja

Plural: gardas
  1. s f

    Acción de gardar ou vixiar.

  2. s f

    Conxunto de soldados ou xente armada que se encargan de defender ou vixiar persoas ou lugares.

    1. s

      Corpo armado que se encarga da vixilancia e defensa de algo ou de alguén.

    2. s

      Individuo que pertence a algún de estes corpos.

    3. garda civil [BÉL ]

      Instituto civil armado integrado nas forzas e corpos de seguridade do estado, que mantén unha estrutura xerárquica militar, e depende da dirección xeral de Seguridade do ministerio do Interior. Das súas funcións destacan a custodia das comunicacións terrestres, as costas, as fronteiras e as instalacións de interese nacional, a prevención do contrabando, o control das armas e explosivos e o cumprimento das disposicións vixentes sobre a conservación da natureza e o medio ambiente. Ademais, a Garda Civil de Tráfico ocúpase da vixilancia do tránsito interurbano.

    4. garda nacional [HIST ]

      Milicia cívica francesa que se constituíu en París en 1789 co obxectivo de defender o país dunha posible volta á monarquía e dos intentos de insurrección das clases populares. Disolta por motivos políticos en 1827, foi reconstituída durante a Revolución de 1830 e tras a súa participación na Comuna de París suprimiuse en 1872.

    5. garda pretoriana [HIST ]

      Corpo do exército romano que se ocupaba de custodiar os emperadores romanos.

    6. garda real [HIST ]

      Conxunto de varios corpos do exército destinados a protexer o soberano e a súa familia.

    7. garda valona [HIST ]

      Rexemento, integrado na garda real, constituído por flamengos ou os seus descendentes.

    1. s

      Individuo que pertence a algún destes corpos.

    2. garda de honor [BÉL ]

      Membro da garda asignado a unha persoa por razón da súa xerarquía ou do seu cargo.

    3. garda forestal

      Persoa que se encarga do coidado do monte, dun dominio, dunha propiedade estatal ou privada.

    4. garda vermella [HIST ]

      Membro do movemento das xuventudes comunistas chinesas, creado en 1964 para colaborar con Mao Zedong na Revolución Cultural. Desapareceron en 1969.

    5. garda xurado

      Persoa que se encarga de labores de vixilancia e que pode levar armas.

  3. s f

    Servizo especial que prestan certos establecementos ou profesionais fóra do horario habitual de traballo.

  4. s f

    Cousa que reforza ou protexe, especialmente a folla de papel que se pon ao principio e ao final do libro.

  5. s f [HIST ]

    Construción de defensa ou vixilancia dun núcleo de poboamento, especialmente nas zonas fronteirizas durante a Alta Idade Media.

  6. garda e custodia [DER ]

    Conxunto de dereitos e deberes, dentro do dereito matrimonial, derivados da situación dos proxenitores con quen conviven os fillos menores de idade, en caso de separación, divorcio ou nulidade.

  7. garda mariña [BÉL ]

    Oficial da mariña de guerra durante o seu período de formación.

Citas

  • A garda do castelo avisou do perigo
  • Este é o médico de garda, Temos que ir á farmacia de garda
  • garda civil

Frases hechas

  • En garda. 1 En actitude de defensa. 2 En estado de alerta.

Refranes

  • O alguacil con andar e o muíño con moer, gañan para comer.