expansión

expansión

lat expansĭōne

Plural: expansións
    1. s [FÍS ]

      Aumento do volume que experimenta un fluído ao diminuír a presión que soporta.

    2. s [TECNOL ]

      Aumento de volume que acompaña a combustión, no terceiro tempo do ciclo dun motor de combustión interna.

    3. expansión do Universo [ASTRON ]

      Hipótese dunha expansión evolutiva do Universo, que se sustenta pola observación da recesión das galaxias.

    4. expansión dos fondos oceánicos [XEOL ]

      Aumento da superficie dos fondos oceánicos pola saída de materiais magmáticos profundos a través das dorsais oceánicas, que se incorpora á codia oceánica.

  1. s f

    Manifestación ou exteriorización dalgún sentimento ou pensamento íntimo.

  2. s f

    Actividade de recreo ou distracción.

    1. s

      Fase do ciclo económico caracterizada pola tendencia alcista dos prezos, investimentos, emprego, renda e consumo.

    2. expansión comercial

      Crecemento da actividade económica dunha empresa grazas a unha maior diversificación da gama de produtos e dos servizos que ofrece.

Citas

  • Na festa tivo un momento de expansión de alegría
  • Necesita un pouco de expansión para relaxarse