carallo

carallo

lat *caraculu ‘pao pequeno’

Plural: carallos
  1. s [ANAT ]

    Órgano xenital masculino.

  2. interx

    Manifesta sorpresa, dor, estrañeza, admiración ou anoxo.

  3. carallo de mar [ANIMAL ]

    holoturia.

Sinónimos

Citas

  • Ese carallo non me gusta nada, O libro que compraches non vale un carallo, Non me facía caso ningún e mandeino ao carallo, O negocio que montaron foise ao carallo, ¡Vai un frío de carallo! O carallo do galo non nos deixou durmir en toda a noite, O humorista érache o carallo
  • Un borracho agarrou a outro polo carallo ata que o deixou tirado no chan
  • ¡Carallo, como chove!, ¡Arre carallo, non che sabía eu que o Xan ía casar!, ¡Manda carallo, hai que oír e calar!