capitán -tá

capitán -tá
Plural: capitáns Masculino: capitán Masculino plural: capitáns Feminino: capitá Feminino plural: capitás
    1. capitán xeneral

      Grao supremo da xerarquía militar, equivalente ao mariscal francés ou ao mariscal de campo alemán.

    2. s

      Oficial do exército de terra, de grao superior ao de tenente e inferior ao de comandante, a quen regulamentariamente corresponde o mando dunha compañía, dun escuadrón ou dunha batería.

  1. s [BÉL ]

    Grao de oficial da mariña de guerra superior ao de tenente de navío e inferior ao de vicealmirante.

  2. s [MAR ]

    Oficial graduado que exerce o mando dun navío mercante, de pesca ou de pasaxeiros.

    1. s

      Quen manda ou capitanea un grupo de persoas en determinadas actividades.

    2. s [DEP ]

      Deportista que representa o seu equipo ante os árbitros ou xuíces.

Formas incorrectas

capitana