Palabra

Imaxe

  gabeador -ra



< gabear

      1 adx Que gabea.

      2
      1 s m ANIMAL/ORNIT Ave da orde dos paseriformes que se alimenta principalmente de invertebrados.
      2 gabeador azul [Sitta europaea] ANIMAL/ORNIT Gabeador, da familia dos sítidos, forestal, coa plumaxe de cor azul cinsento no dorso e branco ocráceo no centro e cunha lista negra desde o peteiro ata os lados do pescozo.
      3 gabeador común [Certhia brachidactila] ANIMAL/ORNIT Gabeador forestal, da familia dos cértidos, de plumaxe cor castaña con manchas escuras e peteiro longo, fino e curvado.
      4 gabeador vermello [Tichodroma muraria] ANIMAL/ ORNIT Gabeador, da familia dos ticodromádidos, de peteiro fino, longo e lixeiramente curvado, de cor cinsenta, coas as ás negras e vermellas, e a gorxa e a parte superior do peito negras na plumaxe estival.

                  SIN: piquelo.
                  CFR: agatuñador.





Imaxe