Digalego - Dicionario de Galego

  rula

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< orixe onomatopeica

   1 s f ANIMAL/ORNIT Ave columbiforme, da familia dos colúmbidos, granívora, que presenta o corpo de tamaño mediano e a plumaxe de cor rosa.

   2 rula común ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos colúmbidos, que ten a plumaxe das partes superiores de cor castaña avermellada e a cabeza e o colo de cor gris rosada con listas brancas e negras.

   3 rula turca ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos colúmbidos, que presenta a plumaxe de cor castaña e rosada na cabeza e nas partes inferiores, e medio colar de cor negra na parte posterior do colo.

SIN: 2 rola


REFRÁNS


  • Cando a rula comeza a rular, colle o fol e vai sementar.
Barra colores