Digalego - Dicionario de Galego

  radial

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat radĭu ‘raio’
Escoitar a palabra polos altofalantes port: radial Escoitar a palabra polos altofalantes cast: radial Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: radial Italiano ital: radiale Chinés chin: 径向 Alemán alem: radial, strahlen-, speichenförmig

   1 adx Relativo ou pertencente a un raio.

   2 adx Aplícase á disposición análoga á dos raios dunha roda.

   3 adx Aplícase ás vías que parten dun centro común. Tm s f.

   4 ZOOL
   1 adx Relativo ou pertencente ao óso radio.
   2 arteria radial Rama terminal da arteria braquial que percorre o antebrazo e en que se toma o pulso debido á súa superficialidade.
   3 músculos radiais Primeiro e segundo radio da rexión externa do antebrazo.
   4 nervio radial Única rama terminal do plexo braquial que vai parar aos músculos dorsais da extremidade superior.
   5 punto radial Punto somatométrico lateral que corresponde á articulación do úmero e o radio.

   5 conduto radial ZOOL
   1 Conduto que xorde do estómago das medusas e que vai dar á canle circular que bordea a umbrela.
   2 Conduto que nos equinodermos xorde da canle anular e se estende polos brazos ou rexións do corpo do animal, e do que xorden os pés ambulacrais.
Barra colores