Digalego - Dicionario de Galego

  punto

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat punctu
Escoitar a palabra polos altofalantes port: ponto Escoitar a palabra polos altofalantes cast: punto Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: stitch, opint, point Italiano ital: stitch, opint, punto Chinés chin: 缝合, opint ,指向 Alemán alem: Punkt, Stelle, Ort, Schiffsposition, Zeitpunkt, Thema, Stich, Masche

   1 s m Sinal ou marca de pequeno tamaño na superficie de algo.

   2
   1 s m LING Signo de puntuación que indica unha pausa longa e, con ela, o sentido completo dunha oración.
   2 s m MÚS Signo de notación musical que aumenta a metade do valor dunha nota.
   3 s m MAT Signo (.) que representa a multiplicación.
   4 dous puntos LING Signo de puntuación (:) que introduce unha explicación, unha consecuencia, unha enumeración ou unha cita.
   5 punto e coma LING Signo de puntuación (;) que indica unha pausa intermedia entre a da coma e a do punto.
   6 puntos suspensivos LING Signo de puntuación (...) que indica que o sentido dunha frase queda suspenso ou que unha enumeración queda incompleta.

   3
   1 s m Posición determinada sobre unha superficie, liña, mapa ou lugar.
   2 s m Lugar determinado onde se localiza algo.
   3 s m MAT Elemento do espazo que non ten extensión, só posición.
   4 punto adherente MAT Punto x tal que, dado un conxunto A dun espazo topolóxico, calquera contorno de x contén algún punto de A.
   5 punto cardinal XEOG Cada un dos catro puntos que dividen o horizonte noutros tantos cuadrantes iguais, determinados pola posición do polo boreal (norte, N) e pola do Sol ao cruzar o meridiano (sur, S), ao saír (leste, L) e ao se pór (oeste, O ou W).
   6 punto cego ANAT Rexión da retina do ollo pola que penetra o nervio óptico, e que non é apta para percibir os raios luminosos.
   7 punto de acumulación MAT Punto x que, dado un conxunto A dun espazo topolóxico, é adherente ao conxunto A-{x}.
   8 punto de articulación LING Lugar onde se produce un contacto ou unha constrición entre dous órganos co fin de realizar unha emisión fonemática, segundo o que os sons fonemas se clasifican, principalmente, en bilabiais, labiodentais, dentais e velares.
   9 punto de contacto MAT Punto común a dúas curvas en que estas teñen a mesma tanxente.
   10 punto de tanxencia MAT Punto común a unha curva e a unha recta que lle é tanxente ou ben a unha superficie e a un plano.
   11 punto de vista Maneira de pensar ou xulgar.
   12 punto material FÍS Idealización dun corpo material, que se supón que ten toda a súa masa e todo o seu volume concentrados nunha posición do espazo de dimensións inapreciables, co fin de poder estudar o seu comportamento cun razoamento simplificado.
   13 punto morto TECNOL Posición da panca do cambio de marchas en que a árbore primaria non comunica movemento ningún á árbore secundaria.

   4
   1 s m Estado preciso en que se atopa algo que sofre un proceso ou desenvolvemento.
   2 s m Estado que cómpre que alcance algo para ser como lle corresponde.
   3 punto de neve ALIM Punto en que a clara de ovo, ao ser batida, adquire máis volume e consistencia escumosa.

   5
   1 s m FÍS Valor que, nun sistema físico, toman un ou diversos parámetros que o caracterizan, nun estado perfectamente definido do sistema.
   2 punto de ebulición FÍS Temperatura á que se produce a ebulición dun líquido.
   3 punto de fusión FÍS Temperatura á que, para unha presión determinada, unha substancia pasa do estado sólido ao líquido ou viceversa. OBS: Tamén se denomina punto de solidificación.
   4 punto triplo / FÍS/QUÍM Estado termodinámico dunha substancia, definido por unha presión e unha temperatura, en que están presentes simultaneamente as fases sólida, líquida e gasosa.

   6
   1 s m Aquilo que se toma como unidade nunha apreciación ou medida.
   2 s m Grao nunha escala.
   3 s m Unidade de cómputo dun exercicio, proba ou exame.
   4 punto crítico / QUÍM/FÍS Conxunto de valores de presión, volume específico e temperatura que presenta unha substancia material cando os volumes específicos das fases gasosa e líquida coinciden.
   5 punto de marcescencia BOT Cantidade de auga que corresponde ao límite inferior da auga capilar absorbible polas raíces.

   7 s m Cantidade mínima de algo.

   8 s m
   1 Puntada que se fai ao coser.
   2 TÉXT Labor de tecido feito cun ou máis fíos que se cruzan ou se tecen, que orixina o elemento constitutivo dos tecidos, dos cosidos e dos traballos de media.
   3 MED Anaco de fío de materiais diversos que se utiliza para unir os tecidos e para impedir que unha ferida se abra.

   9 s m Dor aguda que se sente no tórax ou no abdome.

   10 s m Cuestión ou asunto que se vai tratar.

   11 s m Sección ou apartado dun escrito ou asunto.

   12 s m GRÁF Unidade que se emprega en tipografía para medir e designar o corpo dunha letra, que equivale a 0,3759 mm.

   13 punto de fuga ARTE Punto de converxencia das representacións perspectivas, na liña do horizonte das rectas ou sistemas de rectas paralelas horizontais, que inciden co cadro ou plano de proxección. A punto 1 loc adv No instante preciso. 2 loc adv Que esta preparado satisfactoriamente para o que se pretende ou lle corresponde.

SIN: partícula, singularidade, puntada, chisco, punta
Barra colores