Digalego - Dicionario de Galego

  polbo

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat polypu < gr πολύπους

   1 s m ANIMAL Molusco octópodo da familia dos octopódidos, que son animais bentónicos, lixeiros cando reptan sobre os seus brazos cazadores e ambulatorios.

   2 polbo cabezudo ANIMAL Polbo de cor grisáceo, cunha soa ringleira de ventosas nos tentáculos e a cabeza máis grande que o común.

   3 polbo común ANIMAL Polbo con dúas ringleiras de ventosas nos tentáculos. Habita en recunchos rochosos e aliméntase de crustáceos e peixes que atrapa cos seus tentáculos e mata co seu pico córneo. O terceiro tentáculo está modificado como órgano copulador.


REFRÁNS


  • O polbeiro, pouco diñeiro.
Barra colores