Digalego - Dicionario de Galego

  platino

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< cast platino
Escoitar a palabra polos altofalantes port: platina Escoitar a palabra polos altofalantes cast: platino Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: platinum Escoitar a palabra polos altofalantes fran: platine Italiano ital: platino Chinés chin: 铂金 Alemán alem: Platin

   1 s m QUÍM Elemento metálico de transición, que pertence ao grupo VIII B da táboa periódica, que presenta número atómico 78 e peso atómico 195,078. É un metal dúctil de cor branca prateada, que se atopa principalmente na natureza en forma nativa, e forma aliaxes con todos os elementos dos grupos VIII B e I B e emprégase como catalizador nunha gran variedade de procesos e en aparatos de precisión, especialmente os que traballan a temperaturas elevadas.

   2 esponxa de platino QUÍM Masa de platino de cor gris próximo ao negro, porosa e cunha gran superficie específica, que se emprega como catalizador e para provocar a ignición do hidróxeno.
Barra colores