Digalego - Dicionario de Galego

  perla

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat v *pernŭla ‘ostra’
Escoitar a palabra polos altofalantes port: pérola, perla Escoitar a palabra polos altofalantes cast: perla Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: pearl Escoitar a palabra polos altofalantes fran: perle Italiano ital: perla Chinés chin: 珍珠 Alemán alem: Perle

   1
   1 s f Formación natural segregada no interior dos moluscos, principalmente no de certas especies de ostras, composta de materia orgánica e de carbonato cálcico en capas concéntricas. Emprégase en xoiaría.
   2 perla cultivada Formación perlífera, provocada polo home, obtida no interior de moluscos produtores.

   2 s f fig Persoa ou cousa que se considera perfecta ou moi valiosa.

   3 s f Esfera pequena dunha substancia química ou medicinal.

   4 perla de caverna XEOL Bóla calcaria branca que se pode localizar en concrecións das cavidades formadas pola deposición de capas concéntricas ao redor dun pequeno núcleo.
Barra colores