Digalego - Dicionario de Galego

  patrón, patroa

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat patrōnu
Escoitar a palabra polos altofalantes port: patrão -oa Escoitar a palabra polos altofalantes cast: patrón -na Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: master,boss Escoitar a palabra polos altofalantes fran: capitaine, le patron Italiano ital: comandante, capo Chinés chin: 船长,老板 Alemán alem: Meister, Chef

   1 s Persoa que é dona ou goberna un establecemento.

   2 s RELIX Santo ou advocación mariana que teñen baixo a súa protección unha igrexa, unha aldea, unha vila ou unha colectividade.

   3 MAR
   1 s Persoa que manda e dirixe unha embarcación de pesca.
   2 patrón de costa Persoa que dirixe as tarefas de navegación nun pesqueiro.
   3 patrón maior Persoa que dirixe as tarefas de pesca nun pesqueiro.

   4 s Persoa propietaria ou contratista dun comercio ou dunha industria onde traballan obreiros ás súas ordes.

   5 s DER/RELIX Persoa que posúe o dereito de padroado.

   6 s HIST
   1 Señor dun servo.
   2 Último señor dun escravo emancipado, que conservaba algúns dereitos respecto a el.

   7
   1 s m Modelo, xeralmente de papel, a partir do que se fan elementos semellantes.
   2 s m ECON Mecanismo polo que os países efectúan os seus pagamentos internacionais e equilibran a balanza de pagamentos.
   3 s m METROL Magnitude ou metal que se toma como tipo para definir unha unidade e co que quedaron fixadas modernamente as diferentes unidades básicas dos sistemas de medidas.
   4 proteína patrón ALIM Proteína ou conxunto de proteínas do ovo completo de galiña, que se toma como referencia para determinar o valor nutritivo das outras proteínas.

   8 s m BOT Árbore ou planta que soporta un enxerto.

SIN: padroeiro, padrón, portaenxertos
Barra colores