Digalego - Dicionario de Galego

  pardela

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< pardo

   1 s f ANIMAL/ORNIT Ave mariña peláxica e con ventas, da familia dos proceláridos, ao que pertencen os xéneros Bulweria, Calonectris, Fulmarus e Puffinus.

   2 pardela cinsenta ANIMAL/ORNIT Ave mariña, da familia dos proceláridos, que presenta a plumaxe cinsenta no dorso e na cola dos machos e o peteiro amarelo e ganchudo no extremo.

   3 pardela glacial ANIMAL/ORNIT Ave mariña, da familia dos proceláridos, que presenta a plumaxe de cor branca ou escura e peteiro ganchudo de cor amarela.

   4 pardela xoubeira ANIMAL/ORNIT Ave mariña, da familia dos proceláridos, que presenta a cabeza de cor malva, as ás e a cola de cor parda e o peteiro estreito e negro.
Barra colores