Digalego - Dicionario de Galego

  parafuso

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
Escoitar a palabra polos altofalantes port: parafuso Escoitar a palabra polos altofalantes cast: tornillo Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: screw Escoitar a palabra polos altofalantes fran: visser Italiano ital: vite Chinés chin: 螺丝钉 Alemán alem: Schraube

   1 TECNOL
   1 s m Peza composta por unha pequena barra roscada e unha extremidade que permite facela xirar para que penetre noutra peza.
   2 parafuso de Arquímedes Máquina para elevar auga que consiste nun tubo provisto interiormente dunha chapa en forma de hélice que, ao xirar cunha velocidade suficiente, eleva a auga.
   3 parafuso micrométrico Parafuso de precisión co que van provistos moitos instrumentos científicos para obter a medida precisa dun desprazamento lonxitudinal.
   4 parafuso sen fin Engrenaxe en que un parafuso cilíndrico fai xirar unha roda dentada.

   2 s m TECNOL
   1 Órgano ou elemento mecánico de forma semellante a un parafuso.
   2 Trade para facer buracos formado por unha polea que fai xirar unha broca.

   3 s m Fuso grande para torcer a la ou o liño.

   4 TECNOL Instrumento para inmobilizar unha peza no banco de traballo, formado por dúas mandíbulas, unha delas fixa.

   5 TECNOL Instrumento que consiste en dúas mandíbulas unidas por un extremo, que se emprega para suxeitar manualmente as pezas.

SIN: parafusa
Barra colores