Digalego - Dicionario de Galego

  papuxa

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< papo

   1 s f ANIMAL/ORNIT Ave insectívora paseriforme, do xénero Sylvia, da familia dos muscicápidos, que presenta pequeno tamaño e vive en zonas de mato ou de vexetación baixa.

   2 papuxa apardada ANIMAL/ORNIT Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que ten a plumaxe do dorso, das ás e da cola pardas, e o peito de cor clara.

   3 papuxa cabecinegra ANIMAL/ORNIT Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que ten a plumaxe da cabeza negra nos machos, e o ventre branco, un anel vermello arredor do ollo e a cola longa e negra.

   4 papuxa común ANIMAL/ORNIT Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que presenta nos machos a plumaxe da cabeza de cor cinsenta e un anel ocular.

   5 papuxa das amoras ANIMAL/ORNIT Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que presenta un curuto de cor negra nos machos e pardo nas femias, e o resto da cabeza e as partes superiores de cor cinsenta ou olivácea.

   6 papuxa montesa ANIMAL/ORNIT Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que presenta unha cola moi longa e negra nos machos e un anel ocular de cor vermella.

   7 papuxa paporrubia ANIMAL/ORNIT Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que ten un anel ocular arrubiado e a plumaxe superior cinsenta.

SIN: papuda
Barra colores