Digalego - Dicionario de Galego

  paíño

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< pau
Escoitar a palabra polos altofalantes port: painho Escoitar a palabra polos altofalantes cast: paíño

   1 s m ANIMAL/ORNIT Ave peláxica ciconiforme, da familia das hidrobátidas, que presenta pequeno tamaño, cor negra e tubos nasais no peteiro.

   2 paíño chuchagraxas ANIMAL/ORNIT Ave ciconiforme, da familia dos hidrobátidos, que presenta o corpo de cor castaña escura, a plumaxe dorsal branca, a cola lixeiramente gallada e o peteiro e as patas de cor negra.

   3 paíño do mal tempo/común ANIMAL/ORNIT Ave ciconiforme, da familia dos hidrobátidos, que presenta o corpo, as patas e o peteiro de cor negra e a cola cadrada.

   4 paíño gallado ANIMAL/ORNIT Ave ciconiforme, da familia dos hidrobátidos, que presenta o corpo de cor castaña escura, a mitra branca, as ás cunha franxa gris na parte superior, a cola gallada e o peteiro e as patas de cor negra.

   5 paíño patiamarelo ANIMAL/ORNIT Ave ciconiforme, da familia dos hidrobátidos, que presenta o corpo negro, a mitra branca, as membranas interdixitais amarelas e a cola cadrada.

SIN: aceiteira
Barra colores