Digalego - Dicionario de Galego

  1moucho

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat v *noctuolu

   1 ANIMAL/ORNIT
   1 s m Ave nocturna, estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores pardas, as inferiores listadas de cor parda escura, e o iris amarelo. Aliméntase de pequenos vertebrados e insectos.
   2 moucho emigrante [Asio flammeus] Ave estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores con manchas pardas escuras e as inferiores con listas pardas.
   3 moucho de orellas [Otus scops] Ave estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores pardas, e as inferiores brancas e riscadas e o iris amarelo. Presenta unhas plumas na cabeza a modo de orellas e é a única ave rapaz nocturna que carece de plumas nas dedas.
   4 moucho pirenaico [Aegolius funereus] Ave estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores pardas con pintas brancas e as inferiores brancas con liñas anchas e escuras.

   2 moucho bravo ANIMAL Crustáceo decápodo, da sección dos anomuros, que presenta a cuncha máis longa que ancha e un par de patas grosas que rematan en fortes pinzas.

   3 adx fig Que é moi adormentado, pouco animado e que case non fala. Tm s, referido a persoa.

SIN: noucho
Barra colores