Digalego - Dicionario de Galego

  morcego

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat mure ‘rato’ + caecu ‘cego’
Escoitar a palabra polos altofalantes port: morcego Escoitar a palabra polos altofalantes cast: murciélago Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: bat Chinés chin: 蝙蝠

   1 s m ANIMAL Mamífero voador, da orde dos quirópteros, que presenta as ás e a cola recubertas pola pel. Presenta hábitos nocturnos e aliméntase de insectos ou froita e oriéntase mediante un sistema de resonancia. Pertence á familia dos rinolófidos, dos vespertiliónidos e dos molósidos.

   2 morcego da fraga ANIMAL Quiróptero, da familia dos vespertiliónidos, que presenta tamaño medio, fociño e orellas anchas e curtas. Vive en zonas boscosas e de montaña.

   3 morcego de ferradura ANIMAL Morcego, da familia dos rinolófidos, do xénero Rhinolophus, que se caracteriza por posuír un nariz con excrecencias cutáneas a través do que emiten, coa boca pechada, os sons de ecolocación. OBS: Tamén se denomina rinolofo.

   4 morcego de monte ANIMAL Morcego, da familia dos vespertiliónidos, que presentan orellas curtas e anchas e pelame escuro. Viven na montaña repousando en ocos de árbores e nichos rochosos.
Barra colores