Digalego - Dicionario de Galego

  miñato

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat v *milviātu < lat milvu

   1 s m ANIMAL/ORNIT Ave de rapina diúrna, de tamaño mediano e rabo arredondado, que pertence ás familias dos accipítridos e dos falcónidos.

   2 miñato abelleiro ANIMAL/ORNIT Ave de rapina, da familia dos accipítridos, que presenta unha coloración variable, de cor crema na parte inferior e de parda escura a cincenta na parte superior que se alimenta de himenópteros, lagartos e anfibios.

   3 miñato común ANIMAL/ORNIT Ave de rapina, da familia dos falcónidos, de tamaño mediano, ás longas e anchas, plumaxe parda e que se alimenta de mamíferos de pequeno tamaño, réptiles e anfibios.

   4 miñato queimado ANIMAL/ ORNIT Ave de rapina, da familia dos accipítridos, que presentan o corpo escuro na parte superior e pardo polo ventre, as ás longas e o rabo gallado, e aliméntase de peixes, insectos e pequenos vertebrados.

   5 miñato real ANIMAL/ORNIT Ave de rapina, da familia dos accipítridos, que presenta a plumaxe parda arrubiada, a cabeza abrancazada, o rabo moi gallado e as ás longas, e aliméntase de invertebrados, de pequenos vertebrados e preas.

SIN: bexato, buxato, 1 miato, lamego, lamote


REFRÁNS


  • Mal anda o miñato cando ten as ás rotas e o papo sano.
  • O miñato ponse fraco vendo os paxaros e cobizándoos.
Barra colores