Digalego - Dicionario de Galego

  andoriña

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat dim *hirundina de hirundine ‘andoriña’

   1 s f ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos hirundínidos que pertencen aos xéneros Delichon, Hirundo, Ptyonoprogne e Riparia. Caracterízanse por ter ás estreitas, patas e peteiro curtos e cola gallada. Aliméntanse durante o voo de insectos e arácnidos. Son, na súa maioría, aves gregarias migratorias de orixe africana.

   2 andoriña común ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos hirundínidos, coa parte superior negra azulada metálica; a inferior é branca, agás un colar negro, e a testa e a gorxa son rubias. Ten as patas e o peteiro negros, e a cola longa e negra, con pequenas pintas brancas, e as rectrices externas son moi longas.
VAR: anduriña, arondiña.
CFR: cirro


REFRÁNS


  • Andoriñas a rentes da auga, chuvia na praia.
Barra colores