Digalego - Dicionario de Galego

  liñaceiro

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  

   1 s m ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos frinxílidos, de pequeno tamaño e coas plumas pardas, que vive en lugares de vexetación baixa.

   2 liñaceiro biquiamarelo ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos frinxílidos, que presenta a plumaxe de cor ocre riscada en negro e o peteiro amarelo, e que se alimenta de grans e certos insectos.

   3 liñaceiro común ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos frinxílidos, que presenta un peteiro gris escuro, os bordos das primarias e das rectrices externas brancos e o manto dunha viva cor marrón.

   4 liñaceiro paponegro ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos frinxílidos, de plumaxe parda riscada en negro, testa vermella e gorxa negra, e que se alimenta de sementes.

SIN: nabiñeiro
Barra colores