Digalego - Dicionario de Galego

  licenza

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  

   1 s f
   1 DER Documento que acredita un permiso oficial para que alguén poida desenvolver certa actividade.

   2 s f Permiso para facer algo.

   3 s f DER Procedemento administrativo utilizado para a aplicación dos réximes de licenzas de importación, que require a presentación, diante do órgano administrativo pertinente, dunha solicitude con certa documentación como condición previa para efectuar a importación no territorio arancelario do membro importador.

   4
   1 s f Autorización para ausentarse do emprego ou servizo civil ou militar temporalmente.
   2 s f Concesión oficial para a venda ou comercialización de produtos.
   3 s f RELIX Concesión feita por un superior a un eclesiástico para exercer o ministerio.
   4 licenza absoluta BÉL Licenza concedida aos militares para eximilos definitivamente das súas obrigas.
   5 licenza de explotación ECON Autorización concedida polo titular dunha patente a un terceiro para a súa utilización.
   6 licenza de exportación/importación ECON Autorización da administración para exportar ou importar unha certa cantidade de mercadorías e que regula a súa comercialización.
   7 licenza de obra DER Permiso administrativo para levar a cabo actuacións relacionadas coa construción.
   8 licenza fiscal DER Imposto directo que se paga para poder desenvolver calquera tipo de actividade económica. Actualmente denomínase imposto sobre actividades económicas (IAE).
   9 licenza marital DER Autorización outorgada polo marido en favor da muller para cumprir uns actos determinados, como a comparecencia nun xuízo, que a lei non consideraba válidos sen dita autorización. Actualmente está derrogada.

   5   f Liberdade excesiva ou abuso de liberdade que fai alguén, en especial referido aos costumes morais.

   6 licenza poética LIT Emprego de determinadas construcións e voces polos escritores, que pode implicar unha vulneración das regras gramaticais e retóricas.
Barra colores