Digalego - Dicionario de Galego

  lanterna

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat lanterna
Escoitar a palabra polos altofalantes port: lanterna Escoitar a palabra polos altofalantes cast: linterna Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: lantern Escoitar a palabra polos altofalantes fran: lanterne Italiano ital: lanterna Chinés chin: 元宵 Alemán alem: Laterna

   1 s f Aparato formado por unha bombilla eléctrica cun reflector luminoso e un interruptor, que produce luz mediante pilas ou acumuladores recargables.

   2 s f ARQUIT Construción de planta circular ou poligonal que se erixe como remate dunha cúpula ou torre para iluminar os interiores a través dos vans laterais abertos no seu corpo.

   3 lanterna atlántica ANIMAL/ICT Peixe óseo, da familia dos mictófidos, que presenta o corpo alongado e comprimido lateralmente, e a maxila inferior un pouco máis saínte que a superior. Ten unha soa aleta dorsal, presenta placas luminosas no pedúnculo da cola e fotóforos espallados baixo a liña lateral.

   4 lanterna de Aristóteles ZOOL Aparato mastigador dos equinódeos, formado por 5 grandes pezas calcárias, pirámides cun dente cada unha, con forma de punta de frecha apuntando cara á boca, que se dispoñen radialmente e están conectadas entre si por fibras musculares adxacentes.

   5 lanterna maderiense ANIMAL/ICT Peixe óseo, da familia dos mictófidos, de corpo acastañado, alongado e comprimido lateralmente. Presenta unha soa aleta dorsal e moitos fotóforos de cor dourada por debaixo da liña lateralmente.

   6 lanterna maderiense pequena ANIMAL/ICT Peixe óseo, da familia dos mictófidos, de corpo negro, alongado e comprimido lateral que presenta unha soa aleta dorsal de cor clara.

   7 lanterna máxica IMAX Aparato no que se fan aparecer por medio de lentes amplificadas sobre unha superficie branca, figuras pintadas en tiras de vidro e fortemente iluminadas por unha luz situada dentro do aparato.

   8 lanterna negra ANIMAL/ICT Peixe óseo, da familia dos mictófidos, que presenta o corpo de cor negra, a base da aleta dorsal máis longa ca a da caudal e escamas luminosas por enriba e debaixo da liña lateral.

   9 peixe lanterna ANIMAL/ICT Peixe óseo, da familia dos mictófidos, de corpo alongado e comprimido lateralmente. A cabeza e os ollos son grandes e ten dúas aletas dorsais, a segunda moi pequena e adiposa. Ten fotóforos por debaixo da liña lateral e é de cor acastañada escura con brillos prateados.

SIN: 1 lucernario
Barra colores