Digalego - Dicionario de Galego

  labirinto

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat labyrinthu < gr λαβύρινθος
Escoitar a palabra polos altofalantes port: labirinto Escoitar a palabra polos altofalantes cast: laberinto Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: labyrinth Escoitar a palabra polos altofalantes fran: labyrinthe Italiano ital: labirinto Chinés chin: 迷宫 Alemán alem: Labyrinth

   1
   1 s m Circuíto con camiños intrincados que, unha vez dentro, fan difícil atopar a saída.
   2 s m MIT Composición arquitectónica ou xardín de complicada estrutura e con difícil ou imposible saída.

   2 s m Cousa confusa e enleada.

   3 s m Conxunto de estruturas que constitúen a orella interna e que consta dun compoñente óseo escavado no óso temporal (labirinto óseo) e dun compoñente membranoso (labirinto membranoso), cheo da endolinfa e separado das estruturas óseas pola perilinfa.

   4 s m FÍS/TECNOL Xunta de estanquidade para fluídos, que se emprega para unir órganos fixos e móbiles. Está provista dunha serie de paredes e compartimentos que producen unha forte caída de presión.

   5 s m ARQUEOL/PREHIST Gravado formado por liñas complexas con finalidade simbólica.

   6 s m ARTE Motivo decorativo formado por liñas en ángulos rectos ou en espirais, semellantes aos meandros, pero cun desenvolvemento radial.

   7 s m ARTE Lousa de carácter decorativo que se colocaba no cruceiro dalgunhas igrexas medievais.
Barra colores