Digalego - Dicionario de Galego

  komi

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  

   1 adx Relativo ou pertencente aos komis ou á súa lingua.

   2 s ETN/HIST Individuo do pobo komi.

   3 s m pl ETN/HIST Pobo finoúgrio establecido no NL de Rusia en grupos máis ou menos compactos, mesturados con rusos, principalmente na República dos Komis e no okrug autónomo dos Komis-Permianos.

   4 LING
   1 komi permiano Lingua finoúgria que se fala no okrug autónomo dos Komis-Permianos.
   2 komi siriano Lingua finoúgria que se fala na República dos Komis e na península de Kola.
Barra colores