Digalego - Dicionario de Galego

  irmán -má

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< frater germānu ‘irmán carnal’

   1 s Ser vivo que ten os mesmos pais ou só o mesmo pai ou a mesma nai.

   2 s Persoa considerada en canto á relación que a une con outros membros cos que ten un vínculo ideolóxico, espiritual ou doutro tipo.

   3 RELIX
   1 s Relixioso que non pertence ás ordes, que é laico.
   2 s Nome que se dan os relixiosos entre eles.

   4 s Membro dunha irmandade.

   5 adx p ext Que ten a mesma orixe ou é moi semellante a algo. Tm s.

   6 DER
   1 s Parente colateral de segundo grao civil.
   2 irmán bastardo Fillo natural respecto ao lexítimo.
   3 irmán carnal Fillo dos mesmos pai e nai, respecto a outra persoa.
   4 irmán consanguíneo Fillo dun mesmo pai, pero de nai diferente, respecto a outra persoa.
   5 irmán de leite Fillo dunha ama de cría respecto ao fillo doutra muller amamantada por aquela.
   6 irmán uterino Fillo dunha mesma nai, pero de pai diferente, respecto a outra persoa.
   7 medio irmán Fillo dun dos dous cónxuxes respecto ao fillo do outro.
Barra colores